asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

Desde Valladolid…

  • 19 de Julio 2010
  • Desde a Secretaría del Banco del Tiempo del  Ayto. de Valladolid, enviannos a súa revista dixital número 6.
    Adxuntamos este número para que poidades coñecer tamén o que fan outros Bancos de Tempo.
    Revista BDT Valladolid Número 06

    Para mais información: bancotiempoaytovalladolid.blogspot.com
    …Nuri andas por ai??? :)

    Andaina polo Arnoia

  • 22 de Junio 2010
  • Este domingo día 27 de Xuño no Banco de Tempo de Allariz saimos a dar unha volta pola beira do Arnoia. Queremos facer un pequeno roteiro que nos permita disfrutar da natureza nestes días de sol. Se che apetece pasear connosco, nós estaríamos encantados de facelo tamén contigo.

    Desde o Banco de Tempo de Allariz procuramos unha visión alternativa do mundo (non llo digas a ninguén, pero é para mudalo un pouco), na que entre outras cousas, compartir o tempo sexa algo importante. Con actividades como esta gozamos compartindo.

    O percorrido será Allariz (Alameda), Orraca, Outeiro, Queiroás da Igrexa, Requeixo de Queiroás, Queiroás Grande, e o Briñal no que pararemos a xantar. Non esquezas levar calzado cómodo (preferiblemente botas), e algo para xantar.

    Ler mais…

    Convocatoria Bancos de Tempo

  • 21 de Junio 2010
  • O pasado 14 de xuño de 2010 publicou a CONSELLERÍA DE TRABALLO DE BENESTAR no DOG a “Orde do 21 de maio de 2010 pola que se convocan para o exercicio do ano 2010 as subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e o desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade e/ou outras medidas municipais de conciliación.”

    Ler mais…

    Arquivado na categoria Recursos :: Encantarianos un comentario teu!

    Cámbiocho!

  • 8 de Junio 2010
  • «Cámbiocho!» cap.1 (03/06)

    Neste programa coñeceremos as historias de dous pares de usuarios de bancos de tempo, persoas que dedican unhas horas do seu día a axudar aos outros sen recibir nada a cambio. Nesta ocasión, unha das parellas intercambiará unha clase de taichi, mentres que a outra usará o seu tempo para aprender unha receita típica de Paraguai, país orixinario dun deles.

    Rematando a posta a punto do novo local

  • 27 de Mayo 2010
  • Ben, con esta actividade damos por rematada a posta apunto do novo local na antiga casa da Radio. Carpintería, decoración, limpeza …e listo para recuperar o seu uso, enviamosvos un saudo “ON-AIR”.

    Debullada do millo

  • 6 de Abril 2010
  • O Banco do Tempo de Valladares quere invitarvos á Debullada do Millo que terá lugar o vindeiro día 10 de abril (sábado) ás 17:00 horas na Casa de Montes (Baile Vello) ó carón do Adro parroquial de Valladares.
    Agradécese a difusión desta mensaxe.

    Para ampliar información, visita: www.bdtcvcvalladares.org
    Un saúdo
    O banco do Tempo de Valladares

    Novo local do Banco de Tempo

  • 25 de Febrero 2010
  • Hoxe fixemos o primeiro achegamento oficial ao novo local do Banco de Tempo, local que estará ubicado na antiga Casa da Radio. Ondas e programas que durante anos empaparon estas instalacións, ainda fican no ambiente.

    Radio Allariz

    Sen ir mais lonxe nós mesmas estivemos facendo a difusión do Banco de Tempo ao inicio deste proxecto no que agora será un novo espazo no que partillar.

    Arquivado na categoria Novas da Asociación :: 2 Comentários

    Vivir sin empleo

  • 23 de Febrero 2010
  • Vivir sin empleo é unha fabulosa web que condensa unha infinidade de proxectos relacionados con redes de troco, bancos de tempo, moedas sociais, etc, etc, etc…

    A web conta con información completamente actualizada, con un mapa de bancos de tempo a nivel estatal, con infinidade de videos sobre o tema e con numerosisimas referencias a nivel estatal. Unha web imprescindibel. Non deixes de visitar: Vivir sin empleo

    Ler mais…

    Temos as fotos da Feijoada!

  • 4 de Febrero 2010
  • Amigos e amigas temos as fotos da feijoada que partillamos o pasado mes de Decembro da man da Rosaria e de boa parte do Brasil Alaricano.

    Asi da gosto!!! Parabéns a todas e todos polo exito desta actividade do Banco de Tempo de Allariz.

    Ler mais…

    Arquivado na categoria Outras novas relacionadas :: 3 Comentários

    Vivir sen diñeiro

  • 4 de Febrero 2010
  • Así o fai Heidemarie Schwermer… apetécevos coñecer a esta muller alemá?

    Vivir sen diñeiroO exemplo de Heidemarie Schwermer resúmese nun xesto: cando cobrou o diñeiro dos ingresos correspondentes á publicación do seu libro “A miña vida sen diñeiro” repartiuno entre mulleres maltratadas, asistentes sociais e diversos colectivos de axuda. E é que ela non o necesitaba.

    A súa historia comeza cando en 1994 crea unha sociedade de troco en Dormund, unha das primeiras de Europa. Nel intercámbianse tarefas, non diñeiro: si ti sabes cociñar e me fas a comida, eu arránxoche o coche… Este tipo de transaccións supoñen un cambio radical no sistema de concibir a economía…

    Para empezar, ten un efecto de reforzo da personalidade e da confianza nun mesmo: ofreces o que sabes facer, co que a alienación que produce o formar parte dun traballo que non che motiva e que non ten nada que ver contigo desaparece.

    Ao mesmo tempo ten un efecto absolutamente corrosivo cara á estrutura baseada no poder do diñeiro-débeda: como é unha práctica baseada na confianza mutua e a solidariedade, esnaquiza os convencionalismos bancarios baseados no “tanto tes, tanto vales”.

    Aquí esta frase non tería significado pois como todos sabemos facer algo, todos somos igual de importantes. De feito Heidemarie remarca a importancia da igualdade nos intercambios.

    Ler mais…

    encomún - Banco de Tempo de Allariz

    Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

    ...outros Bancos de Tempo

    Troco

    Ligazóns Allariz

    Máis ligazóns

    Arquivo