asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

Arquivado na categoria 'Novas da Asociación'

Novo local do Banco de Tempo

Hoxe fixemos o primeiro achegamento oficial ao novo local do Banco de Tempo, local que estará ubicado na antiga Casa da Radio. Ondas e programas que durante anos empaparon estas instalacións, ainda fican no ambiente.

Sen ir mais lonxe nós mesmas estivemos facendo a difusión do Banco de Tempo ao inicio deste proxecto no que agora [...]

Queremos lembrarte

Este pasado 2 de Outubro por motivos graves de saúde, finou Isabel, compañeira do banco de tempo, quixeramos desde este rinconciño e desde os nosos corazóns, lembrarnos de tí.
Enviar á familia o noso mais sentido pésame, así como brindar o apoio que precisedes.

Co grande desexo de que alá onde te atopes, sexas todo [...]

Mesas Sectoriais ALLARIZ 2020

Dentro da programación das mesas sectoriais que o concello de Allariz ten prevista no desenvolvemento do programa de participación cidadá ALLARIZ 2020, o banco de tempo estivo presente na mesa sectorial de benestar social, s.sociais e igualdade, celebrada onte no fogar dos maiores.
Logo da longa exposición que o alcalde fixo dos grandes logros acadados polo [...]

Documental sobre os Bancos de Tempo

A productora audiovisual tv7 está a preparar a produción dun documental sobre os bancos de tempo en Galiza. Os bancos de tempo de Vigo, Santiago e Allariz foron os escollidos para dar a coñecer esta pioneira experiencia galega.
O próximo lúns día 5 terá lugar o segundo encontro preparatorio para a gravación das entrevistas e actividades [...]

Difusión na Radio Allariz

Onte estivemos facendo difusión do proxecto do Banco de Tempo de Allariz na Radio Allariz.
Acompañados por Estela Iglesias que foi quen nos realizou a entrevista, recibiunos amablemente Carlos Fernández, a quen enviamos desde aquí un saudo.

O Banco de Tempo de Allariz ven de participar nas II Xornadas da Reserva da Biosfera

A pasada fin de semana 7, 8 e 9 de Novembro, tiveron lugar en Allariz as II Xornadas da Reserva da Biosfera baixo o título “Actuando localmente. Pensando globalmente” nas que o Banco de Tempo de Allariz tivo ocasión de participar, concretamente na mesa redonda “Compartir os recursos. Reducir o consumo” na que interviron diversas [...]

Iniciamos actividade en internet

O Banco de Tempo de Allariz estrea a súa web!!!
Por fin temos espazo na rede :)

encomún - Banco de Tempo de Allariz

Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

...outros Bancos de Tempo

Troco

Ligazóns Allariz

Máis ligazóns

Arquivo