asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

Arquivado na categoria 'Novas globais'

Vivir sen diñeiro

Así o fai Heidemarie Schwermer… apetécevos coñecer a esta muller alemá?
O exemplo de Heidemarie Schwermer resúmese nun xesto: cando cobrou o diñeiro dos ingresos correspondentes á publicación do seu libro “A miña vida sen diñeiro” repartiuno entre mulleres maltratadas, asistentes sociais e diversos colectivos de axuda. E é que ela non o necesitaba.
A súa historia [...]

Solecopedia

Solecopedia é un proxecto de enciclopedia libre, participativa e multilingüe para unha economía responsabel, plural e solidaria. Ten como meta axudar aos actores desta economía a elaborar xuntos un referencial común, o que permite superar os problemas de comunicación dun país, dun idioma, dun sector a outro.
Estes actores manifestaron o seu desexo de realizar unha [...]

A Historia das Cousas medra

“The Story of Stuff Project” é unha iniciativa impulsada por Annie Leonard tras o éxito da curtametraxe “A Historia das Cousas“, centrada nos impactos ambientais e sociais do noso modo de produción e consumo. O proxecto ten como obxectivo construír un movimento transversal forte, diverso e descentralizado co fin de transformar os sistemas de produción [...]

Nós, os inútiles

Hoxe, mentres Madrid se colapsaba baixo a neve, veume en gana pensar nos meus avós.
Os meus catro avós sabían cultivar a terra, sabían criar animais. Estaban afeitos camiñar sobre a neve.

O meu avó materno, alá no Baixo Aragón, construíu a súa casa coa única axuda dun veciño; dous pisos de altura, tellado abuhardillado de catro [...]

Utopía a tempo completo

Imaxinan o Ministro de Economía propondo a desaparición das moedas de curso legal? Todo o metálico e o papel eliminados para facer lapiseiros e cadernos para un novo curso, os cursos escolares.
E cantos días exercería unha ministra de Defensa que colleitase todo o armamento militar das casernas e o destruíse para fabricar arados e mais [...]

Se os galegos non recuperades as vosas aldeas, virá xente a facelo desde Cataluña

Enric Durán, cabeza visible do Colectivo Crisi, e figura senlleira do anticapitalismo de base na actualidade, deu unha palestra o pasado día 28 no local da CNT en Compostela dentro da súa actual xira polas cidades galegas. Diante dunha audiencia maioritariamente nova que enchía o local a reverter, fixo unha clara exposición das causas da [...]

Desaparece trocatempo.org

O proxecto matriz desde o que se desenvolveu o Banco de Tempo de Allariz, desaparece fulminado apenas dous anos despois desde a súa posta en marcha (13/06/2007). A día de hoxe o proxecto web xa non resposta ao dominio trocatempo.org nen a nengún outro.
Segundo consta no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do día 16 [...]

encomún - Banco de Tempo de Allariz

Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

...outros Bancos de Tempo

Troco

Ligazóns Allariz

Máis ligazóns

Arquivo