asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

O Banco de Tempo de Allariz ven de participar nas II Xornadas da Reserva da Biosfera

  • 14 de Noviembre 2008
  • A pasada fin de semana 7, 8 e 9 de Novembro, tiveron lugar en Allariz as II Xornadas da Reserva da Biosfera baixo o título “Actuando localmente. Pensando globalmente” nas que o Banco de Tempo de Allariz tivo ocasión de participar, concretamente na mesa redonda “Compartir os recursos. Reducir o consumo” na que interviron diversas experiencias galegas de sistemas de intercambio.

    Trocos, bancos de tempo, sistemas de eco-economia, moedas complenetarias, diversas fórmulas orientadas ao principio de compartir os recursos, humanos e materiais. No encontro xuntámonos:

    • Banco de Tempo de Vigo (Federación Veciñal Eduardo Chao)
    • Vigotroca
    • Rede de Troco da Coruña
    • Verdegaia (Área de Troco)

    ademais de xente que ainda que non estivo na mesa tamém compartiu a súa experiencia, como o Banco de Tempo de Lugo, Fillos de Galicia e algún outro proxecto máis.

    compartir-os-recursos.jpgAs Xornadas foron moi enriquecedoras para alentar o inicio do proxecto do Banco de Tempo en Allariz e a pesares da baixa participación, o ambiente foi distendido e de grande irmanamento entre todos e todas nós.

    Entre as cousas máis positivas que xurdiron do encontro cabe destacar a semente dunha posibel rede de proxectos de intercambio, asi como o contacto feito desde o Banco de Tempo de Allariz con proxectos semellantes …o tempo irá guiando os pasos desta nova conexión.

    O bon ambiente e a festa prolongaronse até ben entrada a noite…
    compartir-os-recursos.jpg
    compartir-os-recursos.jpg
    compartir-os-recursos.jpg

    Arquivado na categoria Novas da Asociación

    3 Comentarios a "O Banco de Tempo de Allariz ven de participar nas II Xornadas da Reserva da Biosfera"

    1. Comentario enviado por nautile: 14 de Noviembre ás 8:23 pm 1

      …luuuume que arde o rio!

    2. Comentario enviado por Lucía: 22 de Noviembre ás 9:33 pm 2

      Sempre é un gusto estar en Allariz. Organizades cousas interesantes e ben feitas e os espazos non deixan de sorprenderme e maravillarme.
      Seguido coidando así do voso pobo e seguide facendo cousas así de boas para que tamén as disfrutemos as demais.
      E a vindeira vez que non falte outra noite alegre e divertida como a que pasamos…

    3. Comentario enviado por nautile: 25 de Noviembre ás 9:25 am 3

      …aproveito a ocassom para dar os parabéns a Sergio e a David pola organizaçom desta parte das jornadas que conseguirom juntar umha cheia de projectos afíns e do que a bom seguro nom será mais que o começo. Saude meus ;)


    Deixar un comentario


    (*) Campos requiridos

    encomún - Banco de Tempo de Allariz

    Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

    ...outros Bancos de Tempo

    Troco

    Ligazóns Allariz

    Máis ligazóns

    Arquivo