asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

A Historia das Cousas medra

  • 17 de Diciembre 2009
  • The Story of Stuff Project” é unha iniciativa impulsada por Annie Leonard tras o éxito da curtametraxe “A Historia das Cousas“, centrada nos impactos ambientais e sociais do noso modo de produción e consumo. O proxecto ten como obxectivo construír un movimento transversal forte, diverso e descentralizado co fin de transformar os sistemas de produción e consumo cara á sustentabilidade ecolóxica e o ben-estar social. Así, The Story of Stuff Project elabora ferramentas para a divulgación como aquela primeira curtametraxe, á que agora podemos engadir outra sobre a mudanza climática e o comercio de carbono: “The Story of Cap & Trade“, de momento só disponíbel en inglés. Están anunciados tamén un video sobre a auga engarrafada e outro sobre os produtos electrónicos, ademais dun libro.

    Fonte: consomesoudevoras.org

    Arquivado na categoria Novas globais, Videos

    Deixar un comentario


    (*) Campos requiridos

    encomún - Banco de Tempo de Allariz

    Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

    ...outros Bancos de Tempo

    Troco

    Ligazóns Allariz

    Máis ligazóns

    Arquivo