asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

Solecopedia

  • 4 de Febrero 2010
  • Solecopedia é un proxecto de enciclopedia libre, participativa e multilingüe para unha economía responsabel, plural e solidaria. Ten como meta axudar aos actores desta economía a elaborar xuntos un referencial común, o que permite superar os problemas de comunicación dun país, dun idioma, dun sector a outro.

    Estes actores manifestaron o seu desexo de realizar unha cartografía mundial das iniciativas que corresponden aos seus valores. Pero este movemento xeral de organización e difusión da información debe enfrontarse coa diversidade dos idiomas, conceptos e vocabularios utilizados. Ao propor un proceso e ferramentas de traballo colaborativos e participativos, Solecopedia permite aos actores entrar e comentar no seu propio idioma as principais nocións utilizadas nas súas prácticas. Os vínculos entre os idiomas e os comentarios dos artigos permitirán logo a todos aprehender os matices, á vez que reforzan as bases comúns.

    Arquivado na categoria Novas globais

    Deixar un comentario


    (*) Campos requiridos

    encomún - Banco de Tempo de Allariz

    Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

    ...outros Bancos de Tempo

    Troco

    Ligazóns Allariz

    Máis ligazóns

    Arquivo