asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

Vivir sen diñeiro

  • 4 de Febrero 2010
  • Así o fai Heidemarie Schwermer… apetécevos coñecer a esta muller alemá?

    Vivir sen diñeiroO exemplo de Heidemarie Schwermer resúmese nun xesto: cando cobrou o diñeiro dos ingresos correspondentes á publicación do seu libro “A miña vida sen diñeiro” repartiuno entre mulleres maltratadas, asistentes sociais e diversos colectivos de axuda. E é que ela non o necesitaba.

    A súa historia comeza cando en 1994 crea unha sociedade de troco en Dormund, unha das primeiras de Europa. Nel intercámbianse tarefas, non diñeiro: si ti sabes cociñar e me fas a comida, eu arránxoche o coche… Este tipo de transaccións supoñen un cambio radical no sistema de concibir a economía…

    Para empezar, ten un efecto de reforzo da personalidade e da confianza nun mesmo: ofreces o que sabes facer, co que a alienación que produce o formar parte dun traballo que non che motiva e que non ten nada que ver contigo desaparece.

    Ao mesmo tempo ten un efecto absolutamente corrosivo cara á estrutura baseada no poder do diñeiro-débeda: como é unha práctica baseada na confianza mutua e a solidariedade, esnaquiza os convencionalismos bancarios baseados no “tanto tes, tanto vales”.

    Aquí esta frase non tería significado pois como todos sabemos facer algo, todos somos igual de importantes. De feito Heidemarie remarca a importancia da igualdade nos intercambios.

    En 1996 deu un paso máis no seu compromiso e decidiu levar a cabo a súa idea de vivir sen diñeiro. Regalou os seus mobles, os seus libros, deixou a súa casa de aluguer: o diñeiro recibírono os seus fillos. E empezou a vivir de acordo aos principios de intercambio de tarefas: a cambio de cociñar para cinco persoas, ten teito, ou a cambio de terapias, ten internet ou teléfono móbil. E considérase tremendamente feliz.

    A súa postura non é froito do momento: é a consecuencia dunha análise fría e racional do mundo onde vivimos. Por certo: para o 2010 anúnciase un documental coa súa experiencia…

    Estas son as súas palabras nunha entrevista da La Contra de la Vanguardia o 9-4-2002.

    Canto diñeiro leva vostede encima?

    Nada de nada.

    Nin un só euro?

    Os meus dedos non tocaron aínda un euro! Vivo sen diñeiro desde fai xa seis anos.

    Seis anos! E de onde saca a comida?

    Danma nun restaurante biolóxico. A cambio, eu cocíñolles, límpolles…

    E a roupa?

    Sei de persoas coas que podo intercambiala.

    Leva ao pescozo un collarcito?

    Un agasallo. Eu tamén regalo cousas.

    Como que?

    O meu tempo, a miña axuda, a miña conversación, as miñas habilidades… Ou as intercambio por un bono de autobús. O outro día axudei a uns pais a resolver un conflito cos seus fillos e regaláronme os seus pases para a ópera.

    Entende vostede de nenos?

    Fun profesora de nenos, e deixeino. Logo fun psicoterapeuta, e tamén o deixei.

    Por que?

    Eu fíxenme profesora porque quería mellorar o mundo. Pero non avanzaba: o sistema educativo está concibido para alimentar o intelecto dos nenos, pero non o corazón.

    Non esaxera?

    Aos nenos oriéntaselles para ser competitivos en algo, e así conseguir un traballo e que gañen diñeiro e máis diñeiro. Iso é todo, señores? E que pasa coas súas vidas? Veo? Todo está enfocado a ter e non a ser!

    E cambiou a pedagoxía pola psicoloxía.

    Si. Especialiceime en terapia gestáltica e gañaba moito diñeiro na miña consulta. Tiven 15 coches sucesivos, unha casa chea de cousas… E tampouco me pareceu que así o mundo mellorase moito…

    E deixou tamén a psicoloxía.

    Deixeino todo. Fun regalando a veciños e amigos os meus libros, o coche, os meus mobles, as miñas pertenzas… Cando o salón de casa quedou baleiro… púxenme a bailar, a bailar..! Sentínme tan lixeira, tan libre, tan feliz…

    E as súas contas correntes?

    A miña nai sempre dicía: “Como me gustaría que me tocase a lotaría para regalarvos diñeiro!” Iso fixen eu co meu diñeiro: repartino entre os meus fillos e logo cancelei as contas.

    Non lle dixeron que está tola?

    Si, moitas veces. Pero que conste unha cousa: eu non incito a ninguén a que faga como min.

    E por que fai isto?

    Empecei a plantexarme si realmente necesitamos tantas cousas, e comprar e comprar. E convencinme de que non, de que son posibeis formas de vida que non pasen polo diñeiro.

    O diñeiro, como símbolo do custo das cousas, é un invento práctico, comodísimo.

    Foi un gran avance, é verdade, moi útil para o intercambio… ata que se converteu nun valor en si mesmo, e acumulalo é a meta, e a súa posesión mide o valor da xente: “tanto tes, tanto vales”. Estou en contra!

    Cando a súa casa quedou baleira, que fixo?

    Abandonala. Uns amigos ían de viaxe e deixáronme a súa a cambio de arranxarlles o xardín. Agora durmo na bufarda da oficina duns amigos. Eu límpolles e cédenme tamén o uso dun computador.

    Non é unha vida moi dura?

    Ao principio paseino mal. Non quixen pedir axuda a ninguén. A soidade… Foi duro. Pero, aos poucos, facendo traballos a cambio de cousas, creando unha rede de troco…

    Como é iso?

    Fundei con outras persoas, en Dortmund, un centro de intercambio de “dar e tomar”: cada un dá o que ten e toma o que necesita. Clases de cociña por clases de idiomas, un par de horas de canguro por un corte de pelo, pintar un piso por arranxar un xardín…

    Non me imaxino vivindo sen un peso…

    Pois eu, agora, son máis rica que nunca! Teño de todo. E fago o que me apetece…

    Eu teño que pagar o cole dos nenos.

    Non lle pido que faga vostede coma min! Pero suxírolle pensar isto: pode prescindir dalgunhas cousas polas que hoxe se afana tanto?

    Seguramente si. Parece vostede Xesús dicindo: “Si tes dúas túnicas, regala unha”.

    Ja, ja. Ou o de “as flores do campo non necesitan vestidos, nin os paxaros casa”, eh? Si… eu até abandonei a seguridade social!

    Imaxínese que se pon moi enferma.

    Non imaxino iso! Si imaxinas algo, induces que suceda? E si queres algo, lógralo. Entre os meus amigos hai médicos que me coidarían, e eu compensaríalles logo.

    Non pagará vostede impostos, claro.

    Non. Como non teño domicilio fixo, non teño nin dereito a voto. Son unha “sen teito” .

    Alguén podería dicirlle: “É vostede unha muller antisocial e unha insolidaria”.

    E dixéronmo. Que son unha vaga, unha aproveitada… É moi inxusto! A miña idea é que poden facerse cousas, cooperar e traballar moito sen que medie o diñeiro. E fágoo. Verme facelo dá rabia a certa xente.

    Descríbame como sería o seu mundo ideal.

    Un mundo de individuos responsabeis: cada un toma o que necesita e dá logo o que pode: todo o mundo ten algo que ofrecer! Por exemplo, nesta cafetaría eu tomaríame un café e iríame… Enténdese que logo, noutro sitio, eu daría algo, un servizo, un traballo, unha axuda a outro. Serían menos horas encerrados traballando en fábricas e habería máis relacións interpersoais! E acabaríanse os abismos entre ricos e pobres.

    Primeiro deberiamos ser todos santos.

    Todos debemos mellorarnos a nós mesmos: isto é moi importante e é viable.

    E que fai co que gaña co seu libro?

    Repartino. E agora pido que me remuneren o que escribo con servizos.

    Aguantará vostede así… até o final?

    Si, gústame a miña vida! Escribo, fago cada día o que me apetece: vivo. Son moi rica!

    Fonte: es.globedia.com/vida-dinero-heidemarie-schwermer
    Grazas César!

    Arquivado na categoria Novas globais, Outras novas relacionadas

    Deixar un comentario


    (*) Campos requiridos

    encomún - Banco de Tempo de Allariz

    Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

    ...outros Bancos de Tempo

    Troco

    Ligazóns Allariz

    Máis ligazóns

    Arquivo