asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

Novo local do Banco de Tempo

  • 25 de Febrero 2010
  • Hoxe fixemos o primeiro achegamento oficial ao novo local do Banco de Tempo, local que estará ubicado na antiga Casa da Radio. Ondas e programas que durante anos empaparon estas instalacións, ainda fican no ambiente.

    Radio Allariz

    Sen ir mais lonxe nós mesmas estivemos facendo a difusión do Banco de Tempo ao inicio deste proxecto no que agora será un novo espazo no que partillar.

    Arquivado na categoria Novas da Asociación

    2 Comentarios a "Novo local do Banco de Tempo"

    1. Comentario enviado por nautile: 2 de Marzo ás 6:18 pm 1

      O melhor de todo foi o da actividade deste joves, todo um éxito, de 19:30 a 20:30 fixemos umha pequena aula informática para cousinhas básicas como o funcionamento e manejo do correio electrónico, penso que foi moi moi interessante, …tanto que nos passamos na hora e ficamos fechadas no fogar dos maiores! Tivo que vir a rescatar-nos a policia municipal :)

    2. Comentario enviado por Lucia Babarro: 4 de Marzo ás 6:28 pm 2

      Pero que guapos estamos e que local mais bonito temos. Animo rapaces que esto vai mellorando e hai que aproveitalo. Pero por favor colega como contas que quedamos pechados e nos tivo que rescatar a policia, ¡que vergoña!. Mira que si nos deixan alí, pois teriamos mais tempo para seguir practicando co ordenador, xa que temos que seguir facendo moitas mais actividades e conseguir que a xente se apunte neste proxecto do banco de tempo que seguro que lles vai gustar. Animo alaricanos.

      Un bico para todos(as)


    Deixar un comentario


    (*) Campos requiridos

    encomún - Banco de Tempo de Allariz

    Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

    ...outros Bancos de Tempo

    Troco

    Ligazóns Allariz

    Máis ligazóns

    Arquivo