asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

Andaina polo Arnoia

  • 22 de Junio 2010
  • Este domingo día 27 de Xuño no Banco de Tempo de Allariz saimos a dar unha volta pola beira do Arnoia. Queremos facer un pequeno roteiro que nos permita disfrutar da natureza nestes días de sol. Se che apetece pasear connosco, nós estaríamos encantados de facelo tamén contigo.

    Desde o Banco de Tempo de Allariz procuramos unha visión alternativa do mundo (non llo digas a ninguén, pero é para mudalo un pouco), na que entre outras cousas, compartir o tempo sexa algo importante. Con actividades como esta gozamos compartindo.

    O percorrido será Allariz (Alameda), Orraca, Outeiro, Queiroás da Igrexa, Requeixo de Queiroás, Queiroás Grande, e o Briñal no que pararemos a xantar. Non esquezas levar calzado cómodo (preferiblemente botas), e algo para xantar.

    DATA: Domingo 27 de Xuño 2010
    LUGAR E HORA DE PARTIDA: Combinamos na Alameda ás 9:00 horas. Saida ás 9:30
    LUGAR E HORA DE REGRESO: 16:00 de Volta na Alameda
    DIFICULDADE: Media – Baixa
    PERCORRIDO: 12 Quilómetros
    contacto: 654 264175 – 654 521917 – 609 477570

    Arquivado na categoria Actividades do BTA

    Deixar un comentario


    (*) Campos requiridos

    encomún - Banco de Tempo de Allariz

    Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

    ...outros Bancos de Tempo

    Troco

    Ligazóns Allariz

    Máis ligazóns

    Arquivo