Listaxes de correo do Banco de Tempo de Allariz
No Banco de Tempo de Allariz contamos con duas listaxes de correo:
A primeira é para estarmos todas en contacto, ao tanto das actividades que facemos, das novas propostas, para promover os intercambios dentro do propio Banco e en definitiva para o que soe ser unha listaxe de correo, para dispor dun espazo virtual no que todas nos poidamos atopar. Esta listaxe ten un ámbito interno, ligado ao propio municipio.
A segunda é para dar difusión á información de interese nun sentido mais amplo, relacionada co Banco de Tempo de Allariz en particular, e sobre os Bancos de Tempo en xeral. Fixemos esta segunda listaxe, debido ao grande número de consultas e contactos que tivemos relacionados co funcionamento dun Banco de Tempo, supoño que o de ser pioneiros é o que ten, que logo todo o mundo che pregunta, pois para difundir información deste tipo á xente que lle interese, esta outra, que ten un ámbito externo, ligado a outros concellos ou comunidades que estean desenvolvendo ou por desenvolver un proxecto semellante.
As duas listaxes están abertas á incorporación de suscricións, podes apuntarte sen nengún compromiso, ainda que só sexa para saber que tipo de cousas facemos e sobre que falamos. Para apuntarte a calquera delas faino desde estes apartados de xestión específicos:




Deixar un comentario