Que se pode intercambiar?
Tarefas da vida cotiá, como por exemplo:
- Tarefas da horta: ensinar a podar as árbores, recoller as patacas, axudar na vendima,…
- Coidado de persoas maiores ou enfermas: levar ao centro médico, dar un paseo, atención na casa,…
- Reparacións domésticas: amañar un enchufe, colocar unha billa, pendurar un cadro,…
- Coidado de animais e/ou plantas: pasear ao can, dar de comer á gata, regar as plantas,…
- Coidados persoais: peitear, facer a manicura, tinguir ou cortar o pelo, dar unha masaxe,…
- Tarefas cotiás: ensinar a facer licores e conservas de tempada, axudar a limpar cristaleiras, ensinar a coser un botón, pasar o aspirador ou o ferro.
- Nenos e nenas: levar ao colexio ou a entrenar, axudar cos deberes, xogar no parque, contar contos,…
- Outras actividades: ensinar a tocar un instrumento, conversar noutro idioma, ensinar a navegar por internet,…
As contribucións de todas e todos son benvidas e valoradas por igual.



