Como funciona?
A unidade de intercambio nos bancos de tempo é a hora, independientemente do servizo que se realice ou reciba.
Todas as actividades teñen o mesmo valor, todo vale o tempo que se tarda en realizar o servizo.
Cada persoa que participa no Banco de Tempo disporá dun talonario que empregará no momento de facer o “pago en horas” polos servizos que lle foron prestados. De igual xeito, cando esta persoa vaia facer un servizo a outra persoa do Banco de Tempo, recibirá un cheque polo valor do tempo que empregou no seu intercambio.
Mensualmente a Secretaría do Banco de Tempo fará un balance, anotando os intercambios feitos e actualizando o saldo da conta corrente de tempo das súas socias e socios.
Canto maior crédito circule e canta máis xente comparta o seu tempo e talentos, máis rica será a rede que constitúe un Banco de Tempo.



