A quen vai dirixido?
O Banco de tempo Encomún está aberto a todas as veciñas e veciños de Allariz.
Mulleres, homes, maiores, xente nova, teñen a oportunidade de ofrecer e recibir dentro desta rede, converténdose en membros da comunidade.
Exemplo:
Lucía sabe cociñar moi ben e a súa especialide é a pescada con ameixas. Pola súa banda, Lhosca vai ter convidados na casa e precisa que alguén lle bote unha man para preparar un menú sorprendente.
Lhosca entrega un cheque por 1 hora a Lucía, tempo que ela empregou en axudarlle co menú.
Lhosca recibiu a axuda de Lucía e agora ten a oportunidade de devolver ese tempo axudando a Mila, quen precisa que alguén da comunidade lle bote unha man para colocar as portas da estantería que está a amañar.
Lhosca recibirá de Mila un cheque polo valor do tempo que empregou axudándolle coas estanterías.
Cada integrante do Banco de tempo disporá dunha lista onde consultar as actividades e servizos que se ofrecen e demandan, que é actualizada periodicamente.



