 |
Encomún nace como asociación a finais do 2007 da mán dun grupo de veciñas e veciños de Allariz a partires da iniciativa de intercambio de tempo proposta polo Servizo Galego de Igualdade. |
Na súa andadura, Encomún leva realizado multiples actividades de intercambio entre os membros da asociación, así como diversas actividades de caracter colectivo desde as que fomentar os principios de solidariedade, cooperación, interacción e autoorganización.
| O futuro do Banco de Tempo de Allariz céntranse en compaxinar os intercambios de tempo persoais, coa realización de actividades colectivas que posibiliten desenvolver interrelación e confianza, como base para a xeración de tecido social en forma de rede. |
 |