asociación encomún :: Banco de Tempo de Allariz

Buscador:

Que é un banco de tempo?

Un Banco de Tempo é unha rede de colaboración entre particulares e consiste no intercambio de actividades entre as persoas participantes.

Un banco de tempo permite resolver problemas ou atender necesidades da vida cotiá dun xeito cooperativo, solidario, participativo e autoorganizado.

O funcionamento é sinxelo: ao dar a túa axuda gañarás horas, que máis tarde poderás gastar solicitando o tempo doutras persoas da rede para colaborar nas tarefas da túa vida diaria.

Podes quedarme unhas horas coa cativa? Mañá axudareille coa horta ao Manuel. Sei facer traballos de electricidade e fontanería. Podes vir a axudarme a facer o traslado do local?

encomún - Banco de Tempo de Allariz

Subscribirse a esta páxina - RSS 2.0

...outros Bancos de Tempo

Troco

Ligazóns Allariz

Máis ligazóns

Arquivo