Vivir sen diñeiro
Así o fai Heidemarie Schwermer… apetécevos coñecer a esta muller alemá?
O exemplo de Heidemarie Schwermer resúmese nun xesto: cando cobrou o diñeiro dos ingresos correspondentes á publicación do seu libro “A miña vida sen diñeiro” repartiuno entre mulleres maltratadas, asistentes sociais e diversos colectivos de axuda. E é que ela non o necesitaba.
A súa historia comeza cando en 1994 crea unha sociedade de troco en Dormund, unha das primeiras de Europa. Nel intercámbianse tarefas, non diñeiro: si ti sabes cociñar e me fas a comida, eu arránxoche o coche… Este tipo de transaccións supoñen un cambio radical no sistema de concibir a economía…
Para empezar, ten un efecto de reforzo da personalidade e da confianza nun mesmo: ofreces o que sabes facer, co que a alienación que produce o formar parte dun traballo que non che motiva e que non ten nada que ver contigo desaparece.
Ao mesmo tempo ten un efecto absolutamente corrosivo cara á estrutura baseada no poder do diñeiro-débeda: como é unha práctica baseada na confianza mutua e a solidariedade, esnaquiza os convencionalismos bancarios baseados no “tanto tes, tanto vales”.
Aquí esta frase non tería significado pois como todos sabemos facer algo, todos somos igual de importantes. De feito Heidemarie remarca a importancia da igualdade nos intercambios.
Solecopedia
Solecopedia é un proxecto de enciclopedia libre, participativa e multilingüe para unha economía responsabel, plural e solidaria. Ten como meta axudar aos actores desta economía a elaborar xuntos un referencial común, o que permite superar os problemas de comunicación dun país, dun idioma, dun sector a outro.
Estes actores manifestaron o seu desexo de realizar unha cartografía mundial das iniciativas que corresponden aos seus valores. Pero este movemento xeral de organización e difusión da información debe enfrontarse coa diversidade dos idiomas, conceptos e vocabularios utilizados. Ao propor un proceso e ferramentas de traballo colaborativos e participativos, Solecopedia permite aos actores entrar e comentar no seu propio idioma as principais nocións utilizadas nas súas prácticas. Os vínculos entre os idiomas e os comentarios dos artigos permitirán logo a todos aprehender os matices, á vez que reforzan as bases comúns.
O que se debería saber…
Este Xoves 4 de Febreiro as 20:30 na Cova… Rúa Romil Nº3, Vigo:
1º Ciclo de documentais:
Cuidar la Tierra, Cuidar a las Personas, Reparto justo de los recursos
Entrevista co Banco de Tempo de Valadares
Entrevista con Tere do Banco de Tempo de Valadares (Vigo) pola Radio Piratona.
Feijoada Brasileira en Allariz
Sabías que en Allariz hai unha importante comunidade brasileira?
Este sábado 19 imos facer unha actividade encomún, da man de Rosaria, a ligazón brasileira do Banco de Tempo de Allariz.
Faremos unha grande feijoada de irmanamento brasileiro-alaricana. Estaremos aprendendo a cociñar este prato brasileiro por excelencia e coñecendonos un pouco máis.
…e como non, para aconpañar, caipirinha recén feita coa melhor cachaça de Allariz!
Boa festa e bo proveito!!!
A Historia das Cousas medra
“The Story of Stuff Project” é unha iniciativa impulsada por Annie Leonard tras o éxito da curtametraxe “A Historia das Cousas“, centrada nos impactos ambientais e sociais do noso modo de produción e consumo. O proxecto ten como obxectivo construír un movimento transversal forte, diverso e descentralizado co fin de transformar os sistemas de produción e consumo cara á sustentabilidade ecolóxica e o ben-estar social. Así, The Story of Stuff Project elabora ferramentas para a divulgación como aquela primeira curtametraxe, á que agora podemos engadir outra sobre a mudanza climática e o comercio de carbono: “The Story of Cap & Trade“, de momento só disponíbel en inglés. Están anunciados tamén un video sobre a auga engarrafada e outro sobre os produtos electrónicos, ademais dun libro.
Fonte: consomesoudevoras.org
Nós, os inútiles
Hoxe, mentres Madrid se colapsaba baixo a neve, veume en gana pensar nos meus avós.
Os meus catro avós sabían cultivar a terra, sabían criar animais. Estaban afeitos camiñar sobre a neve.

O meu avó materno, alá no Baixo Aragón, construíu a súa casa coa única axuda dun veciño; dous pisos de altura, tellado abuhardillado de catro augas, un curral para as galiñas, unha cuadra para a súa mula onde gardaba as ferramentas de labranza que el mesmo reparaba. Tamén soubo atopar auga mediante un pozo e coñecía como canalizala ata a súa horta. Construíu unha fosa séptica que xamais filtrou desfeitos ao campo ou á súa casa.
A miña avoa paterna coñecía todas as plantas que crecían na súa comarca, xunto aos Pireneos oscenses. Sabía cales eran venenosas e cales curaban. Sabía como usalas para aliviar unha dor de estómago, para que cicatrizara antes unha ferida. Axudou a nacer a tres xeracións dos seus veciños, era a parteira do seu pobo. Seguro que algún neno veu mal e se lle morréu, facía o que podía, pero ela tivo nove fillos e salvo un que morreu na guerra civil, os outros alcanzaron idades considerables. Ela mesma e o seu marido, o meu avó, morreron nonaxenarios e non visitaron un médico ata os últimos anos das súas vidas.
As miñas dúas avoas sabian facer pan, conservas, a súa propia roupa e a dos seus fillos. Os meus dous avós sabían cazar e pescar. Orientábanse á perfección no monte. Sabían se viña unha tormenta cando o sol aínda brillaba.
Nin eu, nin case seguro ti, sabemos cultivar, construír unha casa, atopar auga e saber usala. Non sabemos criar animais ou cazalos. Non sabemos conseguir comida sen pagar por ela nun supermercado. Non temos nin idea sobre os pasos que levan a la desde un ovella ata converterse no noso xersei.
Sabemos, iso si, como traballar en cousas que odiamos e ás que non atopamos o sentido. Sabemos queixarnos moito porque nunca nos pagan o que queremos e axiña que cobramos gastámonolo en cousas que realmente, na súa maioría, non precisamos para vivir.
Vivimos rodeados de máquinas que non sabemos construír nin reparar. Malgastamos cantidades inxentes de enerxía que non sabemos producir. A maioría de nós pérdese en canto sae do seu barrio e é incapaz de saber onde está o norte ou de interpretar correctamente un mapa.
Nos últimos cincuenta anos convertéronnos en idiotas, en inválidos. Só sabemos realizar traballos inventados, innecesarios e, por suposto, consumir.
Somos como os enfermos dunha Unidade de Coidados Intensivos: vivimos dependentes dos tubos que nos entran por todos os buracos do corpo e que proveñen dunhas máquinas das que descoñecemos ata o nome.
Se nos quitan os tubos ou paran as máquinas, estamos mortos.
Charla de agricultura ecolóxica e xornada de aromaterapia
Comunicarvos duas actividades que se van celebrar esta semana no Centro de saúde integral Vida Sana (en Allariz).
Mañá venres 20 ás 20:00 charla sobre agricultura ecolóxica a cargo de Manuel García (Cooperativa Daiqui).
Sábado 21, de 10:00 a 14:00, actividade de aromaterapia a cargo dunha naturópata (Noelia).
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar no seu local:
Vida Sana
Estrada Xunqueira, 40
32660 Allariz – (OURENSE)
Teléfono 988 442 411
Jornadas de Criança Natural
O Centro Social A Esmorga e a Assembleia de Mulheres As Lerchas organizam as I Jornadas de Criança Natural de Ourense
As Lerchas e A Esmorga decicimos unir esforços para organizar umas jornadas que achamos sao uma tentativa de dar resposta a uma demanda que levavamos tempo percebendo.
Finalizar o ano com umas jornadas como as que agora presentamos nao é máis do que uma tentativa de ampliar e complementar o trabalho desenvolvido neste ámbito por outros colectivos e organismos na cidade de Ourense, e por isso tentamos conglomerar em 10 dias diversas actividades que nos sirvam para achegar-nos máis à criança natural, abordadando diversas vertentes da mesma como a vivência da gravidez, o parto respeitado, a lactáncia materna, e a educaçao. Somos conscientes de que existe unha necessidade manifesta na populaçao ourensana de recever informaçao que lhes permita viver a criança d@s filh@s dum jeito mais consciênte e respeituoso.
Que é o banco de tempo?
Neste video o explican fenomenal. Recomendamos o seu visionado para comprender de xeito doado que é un Banco de Tempo: Qué es el Banco del tiempo?



